Presentación de "Terpeno", de Emilio Tresgallo
A nova obra do veciño de Narón preséntase na biblioteca municipal
O mércores 11 de decembro ás 18:30 Emilio Tresgallo presenta na nosa sala multiusos da planta soto a súa primeira novela: Terpeno.
Emilio Tresgallo naceu na localidade cántabra de Cuchía (concello de Miengo) e reside dende hai anos no noso concello. É Doutor en Pedagoxía e colabora coa Universidade Internacional de Valencia como director de traballos de fin de máster.
Tresgallo orientou a súa carreira profesional á investigación sobre o acoso escolar. Neste ámbito en creador do proxecto Tresgallo-Bullyin-Cero, que conta coa súa propia canle en Youtube.
Terpeno é a primeira obra de ficción do escritor. Trátase dunha novela ambientada na súa localidade natal e cuxo argumento o autor describe deste xeito: Terpeno é un canto á amizade verdadeira e inquebrantable, á familia que sempre está presente para coidar, mimar, exixir e, sobre todo, abrir horizontes e dar resposta á “fame natural” dos nenos e nenas; unha fame que lles permite descubrir o mundo e crecer emocionalmente de forma sana, natural e equilibrada.
A novela está orientada ao público xuvenil e adulto.
O acto de presentación está aberto ao público en xeral ata completar o aforo da sala. Tras a finalización todas as persoas interesadas poderán adquirir un exemplar da obra.
Engadir comentario