Retomamos as actividades permanentes para persoas adultas
Damos comezo á tempada 2022-2023 de actividades para adultos/as.
Neste mes de outubro retomamos tres actividades permanentes que a biblioteca ofrece ao público adulto:
Club de lectura feminista:
Dende outubro de 2020 xuntámonos dúas veces ao mes para coñecer, reflexionar e compartir sobre diferentes temas e cuestións desde unha perspectiva feminista a través da lectura de diferentes autoras.
Na pasada tempada estableciamos unha xuntanza virtual e outra presencial ao mes. A partir de agora recuperamos o carácter presencial para todas as xuntanzas.
Dende o luns 5 ata o sábado 10 de setembro abrimos o prazo de preinscrición nesta actividade na que ofertamos 12 prazas. A preinscrición pode facerse no horario de apertura da biblioteca (consulta abaixo) tanto de maneira presencial como chamando ao 981382173.
O luns 12 de setembro as prazas outorgaranse da seguinte maneira:
- Se hai un número inferior ou igual de solicitudes que de prazas: adxudicación directa.
- Se hai un número superior de solicitudes que de prazas: celebrarase un sorteo ás 12:00 da mañá no que poderán estar presentes todas as persoas preinscritas. No sorteo establecerase a orde de outorgamento de prazas e da lista de reservas.
As persoas que obteñan praza nesta actividade poderán asistir a unha xornada de presentación o xoves 15 de setembro ás 18:00. As datas para as xuntanzas no primeiro trismestre serán:
- Outubro: xoves 6 e 20.
- Novembro: xoves 10 e 24.
- Decembro: xoves 1 e 15.
Club de lectura xeral:
Seguirémonos reunindo un martes ao mes de 19:00 a 20:30 horas para comentar lecturas comúns.
Dende o luns 5 ata o sábado 10 de setembro abrimos o prazo de preinscrición nesta actividade na que ofertamos 12 prazas. A preinscrición pode facerse no horario de apertura da biblioteca (consulta abaixo) tanto de maneira presencial como chamando ao 981382173.
O luns 12 de setembro as prazas outorgaranse da seguinte maneira:
- Se hai un número inferior ou igual de solicitudes que de prazas: adxudicación directa.
- Se hai un número superior de solicitudes que de prazas: celebrarase un sorteo ás 12:00 da mañá no que poderán estar presentes todas as persoas preinscritas. No sorteo establecerase a orde de outorgamento de prazas e da lista de reservas.
As persoas que obteñan praza poderán levar en préstamo a primeira das lecturas do trimestre, que estará dispoñible na biblioteca o luns 12 de setembro.
As datas para as xuntanzas no primeiro trimestre serán:
- Martes 25 de outubro.
- Martes 22 de novembro.
- Martes 13 de decembro.
Mesas de conversa en inglés:
Actividade que prestamos dende outubro de 2017 e que ten como finalidade mellorar o nivel de expresión oral en inglés.
Todos os luns en dúas sesións:
- 17:15 a 18:15.
- 18:15 a 19:15.
A participación é libre e de balde. Non son cursos, senón sesións soltas para as que cada persoa ten que reservar a súa praza cada vez que queira participar. Abrimos a lista de inscrición para cada luns o mércores anterior ás 9:30 horas. As persoas interesadas poden inscribirse de maneira presencial ou telefónica en horario de apertura da biblioteca.
O mércores 28 de setembro ás 9:30 abrimos o prazo de inscrición para as primeiras sesións deste trimestre (as do luns 3 de outubro).
Horario de apertura da biblioteca:
DÍAS 5, 6 E 7 DE SETEMBRO (HORARIO DE VERÁN):
- Luns 5: de 18:00 a 21:00 horas.
- Martes 6: de 9:00 a 14:00 horas.
- Mércores 7: de 9:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
A PARTIR DO 8 DE SETEMBRO (HORARIO HABITUAL DE INVERNO):
- Luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas.
- Sábados: de 10:00 a 13:00 horas.
Engadir comentario