Servizo de informática e Internet
A partir do 1 de xuño volvemos prestar este servizo.
A partir do luns 1 de xuño a biblioteca volve ofrecer o servizo de conexión a Internet na segunda planta. Para poder prestar este servizo coa máxima seguridade para as persoas usuarias establécense unha serie de obrigas e recomendacións:
► É obrigatorio desinfectar as mans (ou as luvas no caso de traelas postas) antes de entrar na sala. Para iso facilitaremos unha solución hidroalcólica na entrada da biblioteca.
► Por favor, entra, desprázate e sae da sala con cubrebocas. Podes retiralo só mentres permanezas sentado/a no equipo asignado.
► É recomendable non levar enriba máis que o indispensable (non pasar con bolsas da compra, con xoguetes, paraugas…).
► Todas as persoas deberán gardar a distancia de dous metros de separación entre elas. O persoal asignará os equipos informáticos de xeito que se garantice esta separación.
► Os usuarios/as do servizo só poderán facer uso do equipo que se lles asigne. Se precisan acceder a calquera outro material da sala deberán solicitalo ao persoal.
O procedemento para a utilización dos equipos será o habitual:
Para a utilización do servizo será necesario vir provisto/a do carné da rede de bibliotecas de Galicia. Para o caso de persoas que veñan de paso valerá con que presenten o DNI.
No caso de menores de 14 anos, requirirase unha autorización asinada polo pai/nai/titor legal para a utilización do servizo.
Cada persoa deberá solicitar un equipo no mostrador central, onde se lle entregará unha tarxeta co número do equipo que se lle asigna. A tarxeta deberá colocarse nun lugar ben visible durante a súa utilización.
Como medida excepcional non haberá límite de tempo de utilización dos equipos.
Unha vez finalizada a súa sesión os usuarios/as deberán devolver a tarxeta ao mostrador central.
Coma sempre, serán deberes das persoas usuarias:
- Contribuír ao coidado e conservación das instalacións e equipos.
- Notificar ao persoal as anomalías que detecten nos equipos, tanto de hardware como de software.
- Facilitar a actividade de supervisión.
- Respectar as indicacións que reciban do persoal respecto ao funcionamento da aula e ao uso dos seus equipos.
- Contribuír ao mantemento da orde na aula.
- Non fumar ni consumir ningún tipo de alimento ou bebida, así como non facer uso de teléfonos móbiles.
IMPORTANTE: Como norma xeral non se poderán usar os aseos. Es caso de máxima necesidade deberá solicitarse o acceso ao persoal para asegurar a súa desinfección tras o uso.
Engadir comentario