Stop Motion. Obradoiro para persoas adultas

venres, 3 de Outubro de 2014

Convidámosvos a todos a participar na elaboración dun vídeo stop motion que presentaremos o 24 de outubro (Día da Biblioteca) co fin de dar a coñecer as nosas instalación e servizos.

Que é o stop motion?
O stop motion é unha técnica de animación que emprega imaxes fixas sucesivas para crear a apariencia de movemento. Tes aquí e aquí algún exemplo.

Que faremos?
Idearemos o guión do que será a animación final e prepararemos os elementos necesarios para levala a cabo.
Poderemos facela mendiante fotografías de nós mesmos/as ou de obxectos (o decidiremos entre todos/as o primeiro día).

Cando o faremos?
Os sábados 11 e 18 de outubro de 11:30 a 13:00

Como podo participar?
Se tes 15 anos ou máis podes reservar a túa praza para esta actividade a partir do luns 6 de outubro ás 16:00 horas, achegándote á biblioteca ou chamando ao 981 382 173. Se es menor de idade terás que aportar a autorización asinada polo teu pai, nai ou titor/a para a publicación da túa imaxe no vídeo.

Será moi divertido! Anímate a participar!

Etiquetas: 
Actividades
Audiovisuais
Biblioespazo 2014
Obradoiros