Tempada 2026-2027 dos nosos Clubes de lectura

Abrimos o prazo de preinscrición para a nova tempada do Club de lectura xeral e o Club de lectura feminista.
Tras o parón que adoitamos facer no verán das nosas actividades permanentes para público adulto, poñémonos xa en marcha para preparar unha nova tempada de Clubs de lectura na biblioteca.
Club de lectura feminista:
Xuntámonos unha vez ao mes para coñecer, reflexionar e compartir sobre diferentes temas e cuestións desde unha perspectiva feminista a través da lectura de diferentes autoras. As sesións celébranse sempre en xoves de 18:00 a 19:30 h.
Dende o martes 1 ata o xoves 3 de setembro abrimos o prazo de preinscrición nesta actividade na que ofertamos 12 prazas. A preinscrición pode facerse no horario de apertura da biblioteca tanto de maneira presencial como chamando ao 981382173.
O venres 4 de setembro as prazas outorgaranse da seguinte maneira:
- Se hai un número inferior ou igual de solicitudes que de prazas: adxudicación directa.
- Se hai un número superior de solicitudes que de prazas: celebrarase un sorteo ás 12:00 da mañá no que poderán estar presentes todas as persoas preinscritas. No sorteo establecerase a orde de outorgamento de prazas e da lista de reservas.
As persoas que obteñan praza nesta actividade serán informadas das lecturas para o primeiro trimestre e poderán levar en préstamo a correspondente á primeira xuntanza.
As datas para as sesións no primeiro trimestre serán:
- Xoves 8 de outubro.
- Xoves 5 de novembro.
- Xoves 3 de decembro.
Club de lectura xeral:
Seguirémonos reunindo un martes ao mes de 19:00 a 20:30 horas para comentar lecturas comúns.
Dende o martes 1 ata o xoves 3 de setembro abrimos o prazo de preinscrición nesta actividade na que ofertamos 12 prazas. A preinscrición pode facerse no horario de apertura da biblioteca tanto de maneira presencial como chamando ao 981382173.
O venres 4 de setembro as prazas outorgaranse da seguinte maneira:
- Se hai un número inferior ou igual de solicitudes que de prazas: adxudicación directa.
- Se hai un número superior de solicitudes que de prazas: celebrarase un sorteo ás 12:00 da mañá no que poderán estar presentes todas as persoas preinscritas. No sorteo establecerase a orde de outorgamento de prazas e da lista de reservas.
As persoas que obteñan praza serán informadas ese mesmo día e poderán levar en préstamo a correspondente á primeira xuntanza.
As datas para as xuntanzas no primeiro trimestre serán:
- Martes 6 de outubro.
- Martes 3 de novembro.
- Martes 1 de decembro.







Engadir comentario