Verán na Ludoteca
Coñece o programa de actividades que a Ludoteca municipal ten preparado para este verán.
Coma todos os veráns, a Ludoteca municipal deseña un programa de actividades para nenos e nenas entre 2 e 12 anos.
O programa deste ano titúlase Un verán en forma e tenta aproveitar as vacacións para mellorar os hábitos de saúde dos nenos e nenas. Durante o mes de xullo e a primeira quincena de setembro traballarán os bos hábitos con obradoiros de alimentación, hixiene e deporte.
A Ludoteca abre durante este período de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas, que se reparten da seguinte maneira:
10:00 a 11:00 |
É o momento de desperezarse e comenzar a mañá con enerxía: xogos deportivos, danza, circuitos, xogos e deportes tradicionais, Ioga, zumba… |
11:00 a 12:00 |
Actividades artísticas: desenvolvemento da creatividade a través da pintura, da modelaxe de arxila, da confección de xogos e xoguetes… |
12:00 a 13:00 |
Tempo para contar contos, lecturas conxuntas, inventar historias… |
13:00 a 14:00 |
Información e préstamo de libros. |
Durante toda a xornada os nenos/as participantes están divididos en dous grupos de idade:
- GRUPO A: De 2 a 5 anos. 15 prazas.
- GRUPO B: De 6 a 12 anos. 20 prazas.
Os nenos/as de 2 anos deberán quedar acompañados/as en todo momento por unha persoa adulta.
Para participar nas actividades é imprescindible reservar praza. A reserva faise na propia Ludoteca.
Co carné de usuario/a da Biblioteca central pódese acceder ao servizo de préstamo dos materiais da ludoteca.
Ademáis, o programa compleméntase con accións puntuais específicas:
DÍA |
HORA |
ACTIVIDADE |
IDADES |
Martes 11 de xullo |
11:00-12:00 |
Obradoiro de colares e pulseiras |
3-12 anos |
Venres 14 de xullo |
11:00-12:00 |
Obradoiro de modelado. Elaboración de masa de modelar de xeito artesanal |
6-12 anos |
Mércores 19 de xullo |
11:00-12:30 |
Obradoiro de modelado en arxila |
6-12 anos |
Venres 21 de xullo |
11:00-12:00 |
Obradoiro de decoración de camisetas |
6-12 anos |
Xoves 27 de xullo |
10:30-12:00 |
Obradoiro de cociña saudable |
3-12 anos |
Para máis información:
Ludoteca Pública Municipal
R/ Cardenal Cisneros, 2 Santa Icía, Narón
981389284
Engadir comentario