Día de Rosalía 2024 -Lectura pública da súa obra
Lectura pública de textos de Rosalía de Castro o sábado 24 de febreiro ás 11:00.
Numerosos concellos, entidades culturais, museos, centros educativos e bibliotecas de toda Galicia celebramos cada 23 de febreiro o Día de Rosalía por ser esta a data do seu nacemento en 1837.
Dende Narón sumámonos á proposta que fai a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega de homenaxear á nosa máis internacional poeta organizando un acto no que leremos públicamente a súa obra.
Lectura pública da obra de Rosalía
O ano pasado retomamos o carácter presencial desta homenaxe logo de celebrala de maneira virtual en 2021 e 2022 por mor das restriccións derivadas da Covid-19.
Este sábado 24 de febreiro ás 11:00 da mañá a planta baixa da biblioteca será novamente escenario do acto de lectura pública de textos de Rosalía de Castro no que participarán a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de bibliotecas, Olga Ameneiro.
A Asociación de escritores e escritoras en lingua galega escolleu este ano a Carlos Callón para a redacción do Manifesto do Día de Rosalía, texto que será lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen á celebración desta data. A encargada de ler este fermoso texto na biblioteca será a escritora naronesa Sara González Veiga.
O acto está aberto a todas as persoas que queirades participar. Para facelo podedes traer os textos escollidos ou ben ler algún dos que a biblioteca selecciona e pon á vosa disposición.
Engadir comentario