Presentación do libro “Íntimos rincones” de Maite Gascón Díaz

xoves, 15 de Maio de 2025

O venres 23 de maio na biblioteca

O venres 23 de maio ás 18:30, a sala multiusos da biblioteca acollerá a presentación do poemario Íntimos rincones, da autora Maite Gascón Díaz.

Natural de Guijuelo (Salamanca) e actualmente residente en Mugardos, Maite Gascón cultiva dende moi nova unha fonda paixón pola literatura, especialmente pola poesía. Conta con varias publicacións neste xénero, tanto para público adulto como infantil. Entre os seus títulos figuran El tren de la poesía e Unas vocales muy divertidas, orientados ao público máis novo.

Íntimos rincones (Cuadranta, 2025) é a súa obra máis recente: un libro que reúne 200 haikus de ton xenérico e intimista, nos que a autora explora emocións e sensacións cotiás a través da delicadeza e a precisión formal deste estilo poético tradicional xaponés. Ao longo das páxinas mantense a estrutura clásica do haiku, composto por tres versos de 5, 7 e 5 sílabas respectivamente.

Neste acto de presentación do libro a autora estará acompañada da tamén escritora Julia Graña. Ao finalizar, todas as persoas interesadas poderán adquirir un exemplar da obra.

Entrada libre ata completar aforo.

 

 

 

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Encontros con autores/as
Poesía
Haikus