Un día para as letras: homenaxe a Paco del Riego
Contos, ilustración e música para celebrar o Día das letras galegas
O sábado 20 de maio ás 11:00 celebramos o día grande das nosas letras con contos, ilustración e música en directo a cargo de Polo correo do vento.
A compañía ven ofrecer ao público infantil e familiar o seu espectáculo Un día para as letras: homenaxe a Paco del Riego, unha actividade baseada no libro do que son autores e que está editado por Lela Edicións.
Ademáis de narrar oralmente a historia de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano no Día das letras galegas, realizarase un obradoiro de debuxo paso a paso, todo elo acompañado de música en directo.
Para participar na actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 16 de maio ás 16:00 horas de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler Conta Moito.
Engadir comentario