A compañía Solidariedade Internacional de Galicia visitounos xa en dúas ocasións co seu proxecto Contos do mundo, unha proposta educativa que pretende achegar a nenas e nenos galegos a outras culturas e realidades diferentes para poñer en valor a riqueza cultural e fomentar unha mirada positiva cara o diferente.
O sábado 11 de decembro ás 11:00 recibimos de novo a esta compañía co seu espectáculo As viaxes de Irene, Guatemala, co que saberemos da cultura, das xentes e dos contos do país da eterna primavera.
...




