Chega de novo unha das nosas citas máis esperadas destas datas. Volvemos propoñer, un ano máis, os Préstamos de lotes sorpresa, que este ano acadan xa a súa duodécima edición.
En que consiste?
É unha actividade pensada para nenos e nenas con espírito curioso, aos que lles gusta probar cousas novas e deixarse sorprender.
Na biblioteca preparamos diferentes paquetes con documentos variados (libros, CDs, DVDs…), seleccionados coidadosamente polo persoal pola súa calidade literaria ou...





