Dende 1967 o IBBY (Organización internacional para o libro xuvenil) promove a celebración do Día internacional do libro infantil e xuvenil, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril. O obxectivo desta conmemoración é promocionar a boa literatura orientada ao público infantil e adolescente e a lectura entre os máis novos/as.
Na biblioteca celebramos esta data con Contos revoltos, un espectáculo que a súa autora, Fátima Fernández, describe...





