Novas - Blog

  • 07/02/2014
    |
    Adultos
    |
    0 comentarios

    Xa somos 15.000!!

    A familia da biblioteca segue medrando a bo ritmo. Fai uns días demos de alta ao noso usuario número 15.000, un veciño de Xuvia que se viu gratamente sorprendido por esta circunstancia.

  • 06/02/2014
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    O 14 de febreiro celebramos o Día o amor e da amizade cun obradoiro de tarxetas de San Valentín para regalar a quen ti queiras (a mamá, a papá, ao teu irmán ou irmá, ao teu mellor amigo/a…).

  • 04/02/2014
    |
    Adultos
    |
    0 comentarios

    Dende o ano 2000, o día 4 de febreiro conmemórase o Día Mundial Contra o Cancro. Esta data foi instaurada para aumentar a concienciación e movilizar á sociedade a fin de poder avanzar na prevención e no control desta enfermidade.

  • 24/01/2014
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    O sábado 1 de febreiro de 11:00 a 12:00 temos a primeira sesión de contacontos de 2014.

    O título é “O chícharo aventureiro” e está destinada a nenos e nenas entre 4 e 7 anos.

  • 27/12/2013
    |
    Adultos
    |
    0 comentarios

    Libros máis solicitados na nosa biblioteca durante os meses de outubro, novembro e decembro.

  • 18/12/2013
    |
    Adultos
    |
    0 comentarios

    Que é o bookcrossing?

    O bookcrossing é unha actividade que consiste en liberar libros en espazos públicos para que sexan atopados por outras persoas que, á súa vez, os deixen libres despois de lelos.

    Podemos facer un seguimento dos nosos libros liberados, que nalgunhas ocasións poden chegar a dar a volta ao mundo.

  • 12/12/2013
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    Para este Nadal temos unha sorpresiña moi interesante para todos os usuarios e usuarias da sección infantil e xuvenil. Que tal se vos deixades aconsellar polas bibliotecarias para levar o préstamo á casa?

  • 11/12/2013
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    Esta fin de semana temos na biblioteca un Obradoiro de Nadal no que decoraremos a árbore con adornos feitos a man e ademáis elaboraremos diferentes obxectos típicos destas datas. Entre recorte e recorte, pintada e pintada, aproveitaremos para contar algún conto e cantar panxoliñas.

  • 09/12/2013
    |
    Adultos
    |
    0 comentarios

    O venres 13 de decembro celebramos a sexta xuntanza do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias, servizo orientado aos membros adultos das familias pero tamén  a mestres/as, monitores/as infantís ou estudiantes.

  • 09/12/2013
    |
    Infantil
    |
    0 comentarios

    Sábado 14 de decembro de 11:00 a 12:00
    Para nenos e nenas a partir de 4 anos

Páxinas